A desbordante beleza da ‘Dona do Esteiro’ rebosa fronteiras ao punto de ser candidata ao mellor mural do mundo. Este ‘milagre’ natural de rostro feminino e aderezado con garzas, flores, mar e prantas é obra da artista internacional Lula Goce. Foi o Concello de Nigrán a que a contratou o ano pasado a transformación da gran medianeira de 250 m² situada na esquina entre rúa Argonautas e Romana Baixa e o muro da piscina.
Lula Goce
Artista nacida en Baiona e con taller en Nigrán concentra na localidade o seu maior número de obras de toda Galicia, sendo esta a súa primeira medianeira do Miñor. Así, no 2018 pintou a fachada do CEIP Carlos Casares de Vilariño; no 2020 o Campo Municipal de Condomínguez de Priegue e, no mesmo ano, un gran mural en Panxón.
Este lugar é, grazas á intervención de Lula, unha icona de Nigrán que impacta pola súa beleza e pola súa capacidade de transfigurar lugares. A obra compite na prestixiosa plataforma internacional de arte urbano ‘streetartcities’ contra 50 murais situados en todo o planeta, desde Arxentina, Brasil, Francia ou Chile, a Italia.
Asi, dende o Concello animan á veciñanza a votalo na web de streetartcities.com para que gañe ese merecido recoñecemento.