O Concello de Vigo aprobou ao ano pasado preto de 5.000 axudas de emerxencia, destinando ás mesmas 1.3 millóns de euros. Na última comisión do ano pasado, atendeu as solicitudes de 74 persoas, por un importe de 25.511€. Delas, 51 destináronse a solucionar problemas de vivenda ;21 para luz e auga, e dúas para óptica.
Estas axudas, sinalou hoxe o alcalde, son compatibles co Ingreso Mínimo Vital e coa Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA).
Bonotaxi
Na mesma xuntanza, deuse o visto bo á subida das ‘Axudas de bonotaxi’ que perciben as persoas maiores con mobilidade reducida. Polo miúdo, as persoas con rendas de ata 800€ ao mes ven incrementada a achega en 100€ e dispoñerán dun máximo de 400 euros anuais.
Os beneficiarios con ingresos de ata 1.100€ contarán cun aumento de 75€ ,co que contarán con 275€ ao ano. O acordo fixa un incremento de 50€ para quen ten ingresos de ata 1.500€, fixando unha axuda anual de 150€.
Asi, o alcalde explicou que en 2023 o Concello destinou 17.300€ para subvencionar o bonotaxi de persoas que o utillizan para acudir a citas de saúde, realizar xestións, así como a visitar a familiares. Asi mesmo, engadiu que non hai listas de espera para acceder á subvención e lembrou que o prazo de solicitude permanece aberto durante todo o ano .