Comarcas

Cabalgatas no Rosal, A Guarda, Ponteareas e Tomiño

Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron esta mañá

Cabalgatas no Rosal, A Guarda, Ponteareas e Tomiño

As Súas Maxestades os Reis Magos, que chegaron a Vigo en tren esta mañá, teñen unha axenda completa de actos e visitas, antes de comezar a repartir os agasallos, esta noite.

Melchor, Gaspar e Baltasar, acudirán ás diferentes cabalgatas organizadas en distintos concellos e parroquias. Asi, hai uns días, vigoalminuto informaba das que terán lugar en Redondela, Tui e Covelo, e hoxe o facemos coas de A Guarda; Tomiño; Ponteareas e O Rosal.

A Guarda

O percorrido da Cabalgata neste Nadal arrancará ás 18:00h. dende o Porto da Guarda, para subir pola Rúa Concepción Arenal ata finalizar na Praza de Avelino Vicente, sendo na carpa instalada nesta praza onde os Reis realizarán a tradicional Recepción aos nenos, para escoitar os seus desexos nesta noite tan especial para eles.

Os Reis Magos estarán acompañados no seu percorrido polos grupos de gaitas da 3ªIdade e Do Lusco ó Fusco e polo grupo de baile Dansá, que amenizarán e embelecerán este percorrido.

Tomiño

Polo que se refire a Tomiño, a comitiva real comenzará ás 16:00h dende os diferentes puntos de inicio de cada unha das tres rutas, realizando cerca de vinte paradas nas que os máis pequenos e pequenas poderán saúdar de preto as súas Maxestades.

Será a partir das 17:30h cando a Praza do Seixo se convertirá no escenario perfecto para a actuación do Mago Samuel Moreno, cun espectáculo que combina maxia e entretemento, prometendo conquistar a atención de nenos e maiores por igual. Despois, os Reis Magos faran entrada acompañados polas treboadas de Tomiño e será cando todas e todos os cativos terán a oportunidade de entregarlle as súas cartas e saudalos.

Repartiranse agasallos e caramelos -tamén sen gluten para que poidan desfrutalos todos os asistentes– e entregaranse rifas para participar nun atractivo sorteo de dúas bicicletas, catro bonos para a Granxa Escola Corazón de Carballo e tres táblets. Os números afortunados publicaranse despois nas redes sociais.

En caso de choiva, as súas Maxestades non poderán visitar as parroquias polo que toda a celebración trasladarase á carpa situada na Praza do Seixo, para maior desfrute de todos e todas.

Ponteareas

No caso de Ponteareas, a cabalgata dos Reis Magos iniciará o seu percorrido a partir das 18:00 horas na Avenida Rosalía de Castro. Desde alí, circulará pola rúa Oriente ata chegar á Praza Maior. Continuará por rúa Arxentina cara Doutor Fernández Vega e baixará por Reveriano Soutullo. Pasará de novo pola rúa Oriente e terminará o seu itinerario no Auditorio Municipal.

Toda vez que finalice o desfile, a partir das 20:00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e as nenas no Auditorio Municipal para seguir recollendo os seus desexos de cara á gran noite. Ademais, entregarán á cativada un pequeno agasallo.

O Rosal

No Rosal, a actividade dos Reis Magos será constante e case non terán tempo para atender a tantas persoas. Polo miúdo podes consultar o seu itinerario neste cadro:

También te puede interesar