Sucesos

Vitrasa denuncia novos ‘ataques’ aos seus autobuses

Hasta catro a vehículos das liñas 15A, 15C e 11

Vitrasa denuncia novos 'ataques' aos seus autobuses

A Dirección de Vitrasa denuncia que “esta noite houbo novos ataques a autobuses da compañía co que xa son 24 os vehículos danados dende o comezo da folga indefinida”.

O primeiro tivo lugar ás 21:55 horas nun bus da liña 15A á altura da Avenida da Ponte 31: unha pedra impactou na fiestra dianteira. O bus estaba en cabeceira.

Preto dunha hora máis tarde, produciuse un “segundo ataque”: ás 22:45 horas nun bus da liña 15C en Avenida da Ponte próximo ao tanatorio Vigo Memorial. Un obxecto impactou na fiestra lateral esquerda coa conseguinte rotura.

Ás 23.00 horas nun bus da liña 11 tivo lugar o terceiro dos impactos. Unha pedra rompeu unha das fiestras da porta dianteira. O bus circulaba pola rúa Molais na zona da Grileira.

O cuarto dos ataques foi ás 23.10 horas novamente nun bus da liña 15A na rúa Figueira. O impacto dunha pedra causou a rotura dunha fiestra lateral. En ningún dos catro ataques había viaxeiros a bordo.

“Dende a dirección de Vitrasa denunciamos, con contundencia, este tipo de actos vandálicos que poñen en risco a integridade dos traballadores da compañía e que suceden de forma recorrente dende o comezo da folga”.

También te puede interesar