O Concello de Redondela vén de informar de que un total de 41 nenos e nenas dos cursos de Infantil e Primaria contan con bolsa de comedor municipal neste curso 2023/24. Estas axudas da concellería de Servizos Sociais, destinadas a familias con problemática socio-económica, que cobren a totalidade dos gastos do comedor escolar, chegan preto de 4 meses despois do comezo do curso.
95 solicitudes
Asi, para o presente curso houbo 95 solicitudes, das que 38 xa foron excluídas da convocatoria por non cumprir cos requisitos, renuncia das familias ou por traslado de domicilio. Según a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, “todo o alumnado usuario do departamento de Servizos Sociais conta coa axuda de comedor, e os que quedaron fóra tras esgotarse o crédito tiñan unha puntuación que oscilaba entre os 11 e os 4 puntos , e non tiñan informe dos servizos municipais”.
40.000 euros
Vilaboa engade que, malia o encarecemento do prezo do comedor, que pasou dunha media mensual de 100 euros do ano pasado aos 140 euros deste curso “o Concello segue a axudar a un gran número de familias que o necesitan”. Ademais, apunta, a partida para esta subvención é de 40.000 euros, “logo de incrementarse o orzamento para o presente curso con 10.000 euros máis”.