Este luns, día 8, abre o prazo para que as familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos con licenza federada ou do Programa Xogade poidan descargar o Bono Deporte. As solicitudes poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos descargados poderán empregarse ata o 1 de xullo.
Trátase dun sistema que funciona a través dunha aplicación móbil, de maneira que o importe de 120 euros de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido e irase consumindo en función do valor da compra.
Máis de 700 establecementos
O Bono Deporte avanza no cumprimento dos tempos previstos tras rematar o pasado martes, 2 de xaneiro, o período de adhesión de establecementos comerciais ou entidades prestadoras de servizos á campaña con máis de 700 entidades. A listaxe está dispoñible na web bonodeporte.gal, na que tamén se recolle toda a información sobre o procedemento a seguir para poder realizar desde mañá a descarga dos bonos.
Un bono por menor
Asi, cada beneficiario disporá como máximo dun único bono por menor que se poderá descontar amosando o código QR no momento do pago. A entidade accederá á aplicación que, sobre o importe total, validará e calculará o prezo final co desconto.
Por último, cómpre lembrar que pódese empregar, tamén, o enderezo electrónico [email protected] para trasladar as súas dúbidas e suxestións.