Galicia

Catro ‘ataques’ a autobuses, en Vigo

Non houbo feridos

Catro 'ataques' a autobuses

A Dirección de Vitrasa informa de que hoxe catro autobuses da compañía “sufriron ataques, polo que son xa 28 os vehículos danados dende o comezo da folga indefinida”. En concreto, nun deles había un usuario a bordo que “a piques estivo de ser alcanzado por un proxectil“.

Dende Vitrasa denunciamos este tipo de actos vandálicos, “tan recorrentes desde o comezo da folga indefinida”, e que “poñen en grave risco a seguridade de viaxeiros e do persoal da compañía”. Ademais, según la compañía, o coste estimado dos danos dende o inicio da folga indefinida o 25 de novembro é de arredor de 27.000€, “que ascende a 42.000€ se se contabilizan os ataques realizados dende principios de 2023″.

Vehículos das liñas 15C, 10 e 11

Os sucesos rexitráronse a primeira hora da mañá deste mércores e, como indican desde Vitrasa, afectaron, ás 06.00h a un autobús da 15C ao seu paso por la rúa das Plantas. “O condutor sentiu o ruído dun obxecto que impactou contra a fiestra lateral rompéndoa”. Non ían viaxeiros a bordo. 

Ás 06.50 h. un autobús da liña 10 ao seu paso por estrada de Camposancos dirección Saiáns. O vehículo recibiu o impacto dun obxecto que rompeu unha fiestra lateral. Non levaba pasaxeiros.

Preto dunha hora máis tarde, ás 07.32 h: autobús da liña 10 ao seu paso por Cesáreo Vázquez. impactou un proxectil (“estilo balín de aceiro”), que atravesou a fiestra lateral. “Nese lugar ía sentado un viaxeiro que facía escasos minutos se levantara para dispoñerse a baixar do autobús. Se non se chega a levantar o proxectil o houbese alcanzado”.  

Finalmente, ás 07.33h: no mesmo lugar (Cesáreo Vázquez), un autobús da liña 11,unha pedra que provocou a rotura dunha fiestra lateral. Non levaba viaxeiros.

También te puede interesar