Comarcas

Veciños da 1ª fase da Área de Rehabilitación Integral xa poden solicitar subvención de ata 30.000€

Teñen de prazo ata o mes de xuño

Veciños da 1ª fase da Área de Rehabilitación Integral xa poden solicitar subvención de ata 30.000€

O Concello de Ponteareas vén de lembrar aos veciños e as veciñas da primeira fase da Área de Rehabilitación Integral (ARI) do municipio que xa poden solicitar as axudas de ata 30.000 euros para levar a cabo as obras de mellora de eficiencia enerxética e de renovación de edificacións. O Boletín Oficial da Provincia (BOPP) vén de publicar as bases reguladoras.

Rúa Real, dos Ferreiros e Baixada a San Gregorio

Deste xeito, os propietarios e as propietarias das rúas Real e dos Ferreiros así como da Baixada de San Gregorio teñen de prazo ata o mes de xuño para acollerse a estas axudas. As accións subvencionables abranguen, asi mesmo, a renovación de edificios residenciais e vivendas unifamiliares. Contemplan tamén as destinadas á instalación de ascensores.

Oficina no Concello

Para facilitar os trámites á veciñanza que desexe acollerse a estas axudas, o Concello de Ponteareas puxo a súa disposición unha oficina permanente no segundo andar da casa consistorial. Ademais, a alcaldesa, Nava Castro, e a concelleira da área, Silvia Fernández, resolveron as dúbidas sobre a Área de Rehabilitación Integral nunha xuntanza cos propietarios.

Tras finalizar co período de solicitudes desta primeira fase da  Área de Rehabilitación Integral, será a queda dos veciños e das veciñas da contorna da Praza Maior e das rúas Esperanza e Oriente. Continuarase, despois, coa Avenida Constitución, a rúa Rogelio Groba e a Praza Bugallal.

También te puede interesar