Hoxe, ás 11:45h. púxose en marcha o operativo de intervención, despois de envorcar un turismo e saírse da vía, no quilómetro 224 da A-52. Segundo alertaron varias persoas que chamaron ao 112, había persoas atrapadas no interior do vehículo.
Asi, mobilizouse ao persoal do GES de Pereiro de Aguiar, Garda Civil de Tráfico, un helicóptero medicalizado do 061 e Bombeiros de Ourense. Foron eles os que sacaron a un dos ocupantes do interior do vehículo, sen ter que usar material de excarcelación. Pola súa banda o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o traslado en ambulancia das dúas persoas que resultaron feridas.