Destacados Vigo al minuto

Maneiro presenta o seu último disco, ‘Un bonito despertar’, en Vigo o 24 de febreiro

As entradas xa están á venda

Maneiro presenta o seu último disco, 'Un bonito despertar', en Vigo o 24 de febreiro

Javi Maneiro iniciará no mes de febreiro a xira de presentación do seu último álbum, Un bonito despertar, por teatros e salas de concertos de Galicia. O cantante e compositor dará así a coñecer o seu cuarto disco, publicado a pasada primavera e que agora por fin poderá compartir ao vivo, plenamente, co público galego.

No Master Club, o día 24

En total serán catro fins de semana nas que Maneiro visitará sete localidades galegas. A xira, que conta co apoio da Xunta, comezará o 3 de febreiro en Boiro; ao día seguinte, o domingo 4, o cantante desprazarase a Ourense. Despois do Entroido, Un bonito despertar presentarase no Playa Club de A Coruña o sábado 17; mentres que na Sala Jagger de Lugo o directo terá lugar o domingo 18.

Xa de cara á fin de semana seguinte, Maneiro estará no Master Club de Vigo (sábado 24) e no Centro Torrente Ballester de Ferrol (domingo 25). Finalmente, a xira de inverno pecharase o sábado 2 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra.

Música e letra

Maneiro está “moi ilusionado” por comezar esta serie de directos polas catro provincias logo da presentación oficial que tivo lugar, o pasado mes de xuño, na Sala Capitol. Agora, o cantante poderá compartir co seu público os temas do seu cuarto disco, no que asume tanto a autoría da música coma das letras. Sobre o escenario, Maneiro acompañarase dunha banda conformada por Manu Rey (batería), Pachi Cruz (baixo), Rubén Cores (guitarra), Fernando Calvo (Guitarra) e Iria Iglesias (teclados).

Os billetes -10€ + máis gastos de xestión- para asistir aos concertos de presentación de Un bonito despertar pódense adquirir desde hoxe mesmo a través das plataformas  www.enterticket.es (para os directos de Boiro, A Coruña, Lugo e Vigo) e www.ataquilla.com (Ourense, Pontevedra e, proximamente, Ferrol).

También te puede interesar