Galicia

O ano 2023 foi o máis cálido das últimas seis décadas

Bate os récords de 2022, considerado xa extremadamente caloroso

O ano 2023 foi o máis cálido das últimas seis décadas

O pasado ano 2023 foi moi húmido e o máis cálido das últimas seis décadas, segundo o avance do balance climatolóxico anual elaborado por MeteoGalicia.

14,9 graos de temperatura media

A temperatura media foi de 14,9 graos, un valor tan alto que fai que o ano 2023 se considere como
extremadamente cálido
, cunha anomalía positiva de 1,3 graos con respecto aos valores esperados. “Foi o ano máis cálido das últimas seis décadas, ao rexistrar a temperatura media máis elevada desde 1961”.

So 3 dos 12 meses acadaron valores normais

Máis polo miúdo, dos 12 meses, 3 acadaron valores normais -xaneiro, febreiro e xullo-, 8 foron considerados cálidos ou moi cálidos – marzo, abril, maio, xuño, agosto, setembro, novembro e decembro-, e outubro destaca como extremadamente cálido. A maiores, cómpre indicar tamén que as temperaturas mínimas rexistraron unha anomalía positiva de 1,2 graos con respecto ao habitual e as
máximas foron 1,3 grados máis elevadas do agardado.

Choiva

No que atinxe ás precipitacións, o volume de chuvias foi maior do agardado polo que 2023 debe considerarse, en xeral, un ano moi húmido. A precipitación media na Comunidade foi de 1.560 litros por metro cadrado, un 21% máis do que cabería esperar.

Para atopar un ano máis húmido hai que remontarse ao ano 2000 e, ademais, 2023 presentou notables contrastes entre uns meses e outros. Así, febreiro e maio foron moi secos; abril e xullo, secos; xaneiro, xuño, outubro e novembro, moi húmidos; marzo e setembro, húmidos, e agosto e decembro rexistraron valores normais.

Supera a 2022 que xa fora un ano “extremadamente cálido e seco”

Estes datos son aínda máis preocupantes se consideramos que se superaron os de 2022, que xa estaba considerado como o máis seco en 60 anos.

Houbo meses extremandamente cálidos entre maio e xullo. En concreto, neste último produciuse unha vaga de calor histórica superando os termómetros os 40º en moitos puntos da Comunidade. E, ademais, o día 14 de xullo vivimos un evento chamado Sistema Convectivo de Mesoescala, que xerou unha área tormentosa do tamaño de Galicia que deixou máis de 6.000 raios en 4 horas.

También te puede interesar