Destacados Vigo al minuto

O Centro de Saúde de Teis conta con menos da metade dos médicos, polas tardes

A este feito hai que engadir que falta, tamén, un pediatra

O Centro de Saúde de Teis conta con menos da metade dos médicos, polas tardes

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Julio Comesaña, Conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a súa “preocupación e indignación” polo feito de que que o Centro de Saúde conte con menos da metade dos médicos, polas tardes.

Así, desde novembro de 2023 dos 9 que tería que haber “contamos cunha media de 4 -algo que varía diariamente- o que representa menos da metade dos médicos, feito ao que hai que engadir a falta dun pediatra”.

Citas para dentro de 15 días

Esta escaseza de persoal provoca que as persoas que solicitan cita para consulta tarden 15 días en obtela, que as urxencias se deriven ao Punto de Atención Continuada (PAC) e que os doutores que están polas tarden teñan que asumir unha importante sobrecarga de traballo.

Por suposto, indican dende a asociación veciñal, “esta situación provoca un deterioro da atención sanitaria na nosa parroquia, que non pode prolongarse no tempo, como acontece xa noutros centros de saúde” do noso país.”

Os veciños adiantan que non aceptarán ningún recorte no persoal do centro de saúde e esixen que de maneira urxente se destinen os médicos necesarios polas tardes para cubrir todas as prazas. Nesta liña, critican a “falta de resposta por parte da Consellaría de Sanidade” que non atendeu o escrito enviado pola Asociación.

Máis denuncias

Esta non é a única denuncia en relación coa falla de facultativos na Área de Vigo. Dende a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública volven a advertir de a precariedade no Centro de Saúde do Rosal. A pesar de que hai máis dun ano que se creou a cuarta praza para persoal médico, “na actualidade esta praza segue sen estar cuberta”. Isto supón que só hai tres doutoras que deben atender a entre 40 e 50 pacientes ao día. A situación, ademais de levar a unha “cifra inaceptable” de persoas por médico, supón que “a demora para obter unha cita de atención primaria sexa agora mesmo de sete días”.

O consultorio de San Miguel, pechado

Mentres, o consultorio de San Miguel permanece pechado, “non se cubre a cuarta praza de facultativo e tampouco as baixas nin as vacacións, polo que é moi frecuente que o centro de saúde conte soamente con dous ou incluso en moitas ocasións cunha soa médica para atender a máis de 6.000 persoas“.

También te puede interesar