Destacados Vigo al minuto

Aprobadas as bases para oposicións ao Concello dos anos 2020, 2021 e 2022

En total suman 214 prazas, 32 para Bombeiros

Aprobadas as bases para oposicións ao Concello dos anos 2020, 2021 e 2022

Xa están aprobadas as bases para as oposicións ao Concello de Vigo dos anos 2020, 2021 e 2022. As mesmas permitirán a cobertura dun total de 214 prazas vacantes na admnistración local.

32 bombeiros

Así, a primeira fase da convocatoria comeza coas vacantes en bombeiros: 32 prazas, das que 30 son de acceso libre: sarxento en extinción incendios (2 de promoción interna); bombeiro (23) e condutor bombeiro (7).

“As prazas de Policía Local incluídas nestes procesos selectivos xa están resoltas“, segundo apuntou o alcalde. De feito, Abel Caballero deu a benvida, o mércores, a 21 novos axentes- 18 homes e 3 mulleres-. Deste xeito, apuntou, a Policía Local de Vigo conta ahora mesmo con 330 efectivos: 1 intendente; 2 inspectores principais; 12 inspectores; 24 oficiais e 291 axentes.

Insuficiente

Aínda así, estas oposicións ao Concello non semellan suficientes para o Comité de Persoal. En varias ocasións, a última hai un ano, denunciou que as políticas do Goberno municipal “nos están a levar a un desmantelamento dos servizos públicos municipais”. Así mesmo, alertaban da “destrución constante de emprego público”.

Departamentos sen persoal

Seguindo este fío, os representantes sindicais insisten en que hai departamentos sen o persoal necesario; péchanse, “sen pudor” oficinas como as de Benestar Social o un dos parques de Bombeiros, “o cal repercute nos cidadáns máis vulnerables”.

También te puede interesar