A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández- Tapias acaba adiantou que este luns, día 22, daranse a coñecer os seis proxectos seleccionados para participar en abril, na Illa de San Simón, en ‘Conecta Lab’. Este laboratorio creativo de impulso de creacións audiovisuais emerxentes está promovido polo organismo provincial, CREA(Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización); AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) e DAMA (única entidade española especializada na xestión de dereitos de autor de obras audiovisuais).
Conecta+
O anuncio tivo lugar durante o acto de apertura da xornada Conecta+, no que xunto á vicepresidenta provincial participou o presidente da CREA, Fon Cortizo. Así esta edición abriuse a 22 creadores galegos que tiveron a oportunidade de presentar os seus proxectos audiovisuais a produtoras de España e do norte de Portugal.
“Trátase dunha oportunidade única, dunha xornada moi produtiva, na que ademais de aprender a impulsar máis eficaz e eficientemente proxectos audiovisuais”. Fernández-Tapias engadiu que “poremos, novamente, en valor que Pontevedra é unha provincia talentosa, traballadora, creativa, chea de imaxinación e cun gran potencial audiovisual”.
200 persoas
A vicepresidenta lembrou que foron 200 as persoas que se presentaron á convocatoria para
participar en ‘Conecta Lab’. Delas cinco poderán participar en abril no Conecta Lab da Illa de San Simón. Xunta a elas, a sexta será elixida entre os 22 proxectos que participaron este sábado na sede de Vigo na novena xornada Conecta+.
Como informara vigoalminuto, durante esta xornada Conecta+ os creadores tiveron a oportunidade de presentar os seus proxectos, a través de reunións un-a-un a RTVE Cine; A Contracorriente; Sentido Films; Sétima; Frida Films; Ollo Vivo; Portocabo; La Región; Miramemira ou Gaita Films.
Delas recibiron orientacións para fortalecer as súas ideas ou para desenvolvelas axeitadamente. Tamén obtiveron asesoramento sobre a súa viabilidade económica ou como escoller os equipos para facelas realidade.
Xunto ás produtoras españolas, por vez primeira na historia de Conecta+, este ano a vintena de proxectos
audiovisuais participantes na xornada tiveron a oportunidade de presentar as súas ideas a empresas do norte de Portugal como FilmesDaMente, Pixbee ou O Olhar de Ulisses. Ademais, a xornada completouse co coloquio “Desmontando o dossier de venta” co que se puxo fin a esta novena edición de Conecta+.