Desde a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade de Redondela veñen de informar do peche ao tráfico, este mércores, día 24, dun carril na N-555, que une el concello con Peinador.
Perigo de caída
O perigo de caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico obriga a este peche “xa que o propietario da finca precisa utilizar un camión grúa para a retirada da árbore”, explica o concelleiro Roberto Villar. O tramo afectado da estrada é o que vai da igrexa de Santo Estevo de Negros á ruta da senda auga, coñecida como “Curva do río”. Un carril da estrada estará pechado entre as 08.00 e as 15.00 horas, e o paso de vehículos estará regulado por semáforos.
Limpeza de biomasa en cambio no alumeado
Asi mesmo, operarios do departamento de Infraestruturas aproveitarán estes traballos “para facer unha limpeza de biomasa e renovar os farois de alumeado público nese tramo substituíndo as luminarias actuais por lámpadas led de baixo consumo”.