Comarcas

O Entroido do Porriño comezará co pregón de AFAGA

“É unha homenaxe á súa inestimable contribución á comunidade”

O Entroido do Porriño comezará co pregón de AFAGA

No Porriño o Entroido comeza con pregón de AFAGA. Así, o Goberno local anuncia que este ano, os usuarios desta ONG adicada ao apoio de persoas maiores con deterioro cognitivo, especialmente relacionado co Alzheimer, serán os pregoeiros.

AFAGA, recoñecida pola súa labor na colaboración con distintas administracións, destaca por ofrecer unha variedade de terapias, obradoiros e actividades que buscan previr e ralentizar o deterioro cognitivo dos nosos maiores.

“Este recoñecemento como pregoeiros do Entroido é unha homenaxe á súa inestimable contribución á comunidade, destacando o papel activo e vital que teñen os nosos maiores na sociedade”, sinalan dende o Concello. O alcalde, Alejandro Lorenzo, subliña que “a elección dos usuarios de Afaga como pregoeiros non só celebra o seu espírito e aportación á vida comunitaria do Porriño, senón que tamén busca xerar conciencia sobre a importancia do coidado e a inclusión das persoas con deterioro cognitivo en todas as esferas da vida pública e cultural. É unha verdadeira honra que sexan os pregoeiros do noso Entroido”.

Así, dende o Concello convidan á veciñanza a participar no Entroido e a apoiar esta iniciativa, que reflicte o compromiso do Porriño coa inclusión e o respecto á diversidade.

También te puede interesar