É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másXornada de observación de aves, con Verdegaia, iniciando a campaña ’12 Meses, 12 Saberes’
Este mesmo sábado 27: mira como inscribirte
Verdegaia ven de presentar a campaña ‘12 Meses, 12 Saberes’ que decorrerá ao longo deste 2024 co obxectivo de dar a coñecer aspectos singulares do patrimonio natural e etnográfico galego. “Coa celebración dunha andaina cada mes descubriremos, e aprenderemos, curiosidades nos máis variados campos que fan da nosa terra un lugar único”, sinalan dende a ONG.
A última fin de semana de cada mes
Así, os asistentes aprenderán a identificar aves e árbores; a entender a dinámica das dunas e a interpretar as formacións xeolóxicas, “adentrarémonos nos segredos das mámoas e lembraremos eventos como O xantar de Conxo”. Os roteiros serán na última fin de semana de cada mes, con unha duración aproximada de dúas horas e media e guiados por diferentes expertos segundo a temática.
Os participantes recibirán ao inicio de cada actividade un folleto con pistas para identificar os elementos máis representativos que se abordarán en cada roteiro. Ao rematar, dun modo divertido, os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.
Esteiro da Foz, na Ramallosa
O primeiro roteiro será xa este sábado, día 27, no Esteiro da Foz na Ramallosa, “onde aprenderemos a identificar aves propias deste ecosistema como a garza real, a garceta ou o mazarico galego”.
- Data: Sábado 27 de Xaneiro, de 11:00 a 13:30
- Punto de saída: Inicio do carril bici da Ramallosa (Nigrán) – 42°07’19.3″N 8°49’05.5″W
- Inscrición: gratuíta pero obrigatoria en [email protected] ou no teléfono 691 657 039.