Comarcas

Trazas de Pontevedra, unha ruta100 % Rías Baixas

Presentada hoxe polo presidente da Deputación, en FITUR

Trazas de Pontevedra, unha ruta100 % Rías Baixas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañlado pola deputada responsable de Turismo, Nava Castro, presentou este xoves o proxecto Trazas de Pontevedra, unha ruta por 17 xacementos arqueolóxicos que permite descubrir o patrimonio castrexo e romano repartido por toda a provincia. No stand que Turismo de Galicia ten na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra esta semana en Madrid, o mandatario provincial afirmou que dar a coñecer esta riqueza contribúe a reforzar a posición da provincia como “destino turístico de calidade, natural, sustentable, diverso e enraizado coas súas tradicións”.

Unha viaxe de 3.000 anos

Acompañado por membros do goberno provincial e coa presenza de representantes do sector turístico,
Luis López explicou en que consiste o programa Trazas de Pontevedra. “Trátase dunha iniciativa impulsada hai case unha década por esta administración provincial e que agora decidimos reimpulsar para musealizar e dixitalizar eses 17 magníficos xacementos, potenciala co deseño de rutas novas e visibilizala a través de novos contidos divulgativos”, sinalou.

Unha viaxe de 3.000 anos ao pasado para descubrir como era a vida neses poboados galaicos, cales eran os seus costumes e como deixaron unha pegada imborrable en concellos hoxe turísticos como O Grove, A Guarda, Vilagarcía, Cangas, As Neves, Oia, Sanxenxo, Marín, Cotobade, Tui, Campo Lameiro, Silleda, Ponteareas, Cuntis, Ribadumia ou Valga.

Castros

Neste sentido, o presidente provincial destacou a estreita colaboración da Deputación cos concellos nos
que se atopan estes castros para devolverlle o esplendor que merecen. Unha iniciativa na que o goberno provincial ten a man tendida para colaborar con outras administracións na potenciación dun atractivo turístico e cultural 100 % Rías Baixas. “Temos o potencial para facer das Rías Baixas unha referencia aínda maior en turismo cultural a través do coidado do seu patrimonio arqueolóxico, a Deputación non escatimará esforzos para logralo”, asegurou López.

Poblados castrexos

Insistiu o presidente provincial en que, ademais “das nosas rías, o noso albariño ou as nosas camelias,
temos outra riqueza que brotou na nosa provincia moitos séculos antes”
, anticipou antes de falar da orixe
dos primeiros poboados das Rías Baixas. “Desde o máis alto dos nosos montes ou desde primeira liña de costa, desde a beira dos nosos ríos ou sepultados baixo terra; os poboados castrexos foron testemuña directa do desenvolvemento do noso territorio. Eles, os nosos antepasados, foron os primeiros en descubrir que as Rías Baixas tiñan algo especial e os primeiros en darse de conta da riqueza do noso recurso máis prezado: a auga, fonte inesgotable de vida e prosperidade, subliñou Luis López.

También te puede interesar