Centos de veciños esixen na rúa a reforma inmediata a piscina de Teis

Piden tamén a recuperación da pileta da ETEA, cuberta dende 2017

Manifestación este venres para denunciar o "abandono de Teis"

Centos de veciños saíron á rúa este domingo para esixir ao Goberno municipal a reforma inmediata da piscina municipal de Teis. A mesma leva 19 meses pechada, logo do incendio de maio de 2022. Ademáis, os manifestantes pediron a recuperación da pileta da ETEA e a mellora das súas instalacións deportivas.

Dende a Asociación Veciñal, que convocou esta mobilización, lembran que o pasdo mes de agosto, o alcalde anunciara que comenzaba o proceso de reconstrución da piscina pero, “cinco meses despois seguimos sen avanzos, pois aínda non se comezou a redacción do proxecto”. Por iso, reiteran que si o Goberno local non considera que este proxecto é unha prioridade “e se pon a traballar”, ao longo deste ano 2024 tampouco estará realizada a reforma da piscina.

Neste sentido, os responsabeis da asociación subliñan que si a piscina da ETEA estivera funcionando, podería cubrir perfectamente a demanda da veciñanza, “que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade”.

“Teis, tiña dúas piscinas, agora non conta con ningunha, debido a mala xestión do Goberno municipal”, apuntan.

Un gran complexo deportivo na ETEA

Os representantes dos veciños comentan que no último escrito enviado a Abel Caballero, trasladaronlle a necesidade de mellorar as instalacións deportivas na ETEA. Isto pasaría pola recuperación da piscina que se cubriu en 2017; incluir un spa e construir un amplo ximnasio con varias salas e pistas de padel.

“Se o espazo actual das instalacións deportivas que xestiona o Concello de Vigo,  fora insuficiente podería utilizarse parte dos terreos lindeiros do PS6, área de usos complementarios, da ETEA”.

Máis que Auga

Isto permitiría a Teis, contar cun gran complexo deportivo, crear un ” Mais que auga na ETEA “, como teñen outras parroquias e barrios, “nun lugar único, e dar acceso a todo tipo de actividades, como aerobic, zumba ou mantemento”.

También te puede interesar