Galicia

O DOG publica hoxe a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre

As persoas que queiran optar a elas teñen 20 días para solicitalo

O DOG publica hoxe a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre na Administración galega. A estas probas pode presentarse calquera persoa que cumpra os
requisitos esixidos.

En concreto, o DOG recolle a convocatoria de 17 prazas na escala superior de finanzas (A1); 18 prazas na escala técnica de finanzas (A2); 93 na escala de veterinarios/as (A1); 14 prazas na especialidade de bioloxía (A1); 29 na especialidade de medicina (A1).

Por outra banda, convócanse 2 prazas na escala de subinspección urbanística (A2); 42 prazas na especialidade de enfermería (A2); 21 na escala de educadores/as sociais (A2); 12 na escala auxiliar de laboratorio (C2); 83 prazas na escala de persoal de servizos xerais (C2); 124 prazas na escala de axentes técnicos facultativos de educación infantil (C1/B); e 13 prazas na escala de xerocultor (C2). Tamén se convocan 19 prazas na agrupación de persoal subalterno (AP) reservadas para persoas con discapacidade intelectual.

As persoas interesadas en participar nestes procesos terán 20 días hábiles (que se contan a partir do día seguinte ao da publicación no DOG) para facelo constar no modelo de solicitude electrónica que se facilita gratuitamente na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública (funcionpublica.xunta.gal), e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala.

O modelo de solicitude está dispoñible na ruta ‘Procesos selectivos’ – ‘Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos’- e os aspirantes deben dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave 365.

También te puede interesar