Comarcas

Covelo comeza os traballos para cubrir a pista de pádel que poderá usarse sen importar a climatoloxía

A nova cuberta conta cunha superficie de máis de 200 metros cadrados

Covelo comeza os traballos para cubrir a pista de pádel que poderá usarse sen importar a climatoloxía

O Concello de Covelo está a levar a cabo os traballos para cubrir a pista de pádel ubicada dentro do recinto do CEIP Antonio Blanco Rodríguez e de uso compartido.

Esta intervención ten un custo de 48.294,25€ dos que a Consellería de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta achegou 26.832€ aportando o Concello a cantidade restante, 21.462,25€.

Deporte todo o ano

A pista cuberta permite a práctica deportiva ao longo de todo o ano, “en liña cos obxectivos do goberno local de fomentar hábitos de vida saudable e ofrecer instalacións e servizos públicos de maior calidade”, subliña o alcalde, Pablo Castillo.

Dende a súa inauguración, a pista de pádel dispuña dun horario de 16:30 a 21 horas de luns a venres e sábados, domingos e festivos de 9 a 21 horas. Ante a alta demanda das persoas usuarias o Concello encargou a colocación desta cuberta de máis de 200 metros cadrados que posibilita a práctica deportiva independentemente da climatoloxía.

Polas mañás empregan a pista as alumnas e alumnos do colexio e o resto do día o público en xeral. Para poder acceder á pista tan só se debe realizar solicitude previa nas oficinas municipais a través do número de teléfono 986 65 01 54. As persoas interesadas poden consultar aquí a normativa de uso.

También te puede interesar