Así é: á Reconquista cambia este ano. ‘Reconquistaremos’ Vigo no medio da Semana Santa: o 23 e 24 de marzo e do 5 ao 7 de abril. Esas serán as datas para a edición número 30 da festa viguesa por excelencia, á que asisten milleiros de persoas e que este ano, á ampliación do espazo do ‘mercadillo’- que contará con 200 postos– engade un total de 70 actividades musicaiss. Ademáis este 2024 súmanse aos espazos de lecer as rúas de Elduayen e o Paseo de Alfonso e aumenta a participación na ‘Reconquistiña’ a 1.750 escolares.
Ollo ás datas
O primeiro cambio é o das datas: o día ‘oficial’ é o 28 de marzo, que coincide co xoves santo, de aí que o Concello movese o día festivo ao ‘Martes de Entroido’, deixando os ‘días centrais’ da Reconquista para o venres, 5, sábado 6 e domingo 7 de abril.
Pero o programa de actividades comezará moito antes con distintas propostas e actos. Así, a ‘destitución da Corporación francesada’ será o sábado 23 de marzo e, con ela os desfiles dos soldados de Napoleón polas rúas da cidade e unha actuación musical. O 24, domingo, seguirán as actividades ‘que non continuarán durante a’solapándose’ coa Semana Santa.
Mercadillo, música e loita contra os franceses
O ‘mercadillo’ chegará desta vez ata Elduayen e o Paseo de Alfonso, espallado por todo o Casco Vello con 200 postos de gastronomía e artesanía. As actuacións, 70 en total, serán nos torreiros montados nestes lugares e, tamén, na Porta do Sol e O Berbés, como xa é tradicional.
Non faltará o ‘Concurso de Retapas’; o enfrontamento coas tropas francesas; a homenaxe aos herois da Reconquista, o asalto á Porta da Gamboa, a ‘Reconquistiña’ (o día 3 de abril) ou a expulsión dos gabachos -para rematar unha nova loita victoriosa- o domingo, 7.