Comarcas

O Porriño acolle por terceiro ano as xornadas ‘Acompañando na aventura de crecer’,

Para favorecer e previr problemas de atención e aprendizaxe

O Porriño acolle por terceiro ano as xornadas 'Acompañando na aventura de crecer',

O Porriño acolle unha nova edición, a terceira, das xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”, impulsadas pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Municipal. Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, presentaron as xornadas xunto co responsable da Biblioteca Municipal e a coordinadora das mesmas, Laura Alonso Coto.

Atención e aprendizaxe

Nesta nova edición abordarase novamente e dende diferentes perspectivas, como favorecer e previr problemas de atención e aprendizaxe. A atención e a presenza plena son habilidades que se cultivan dende a primeira infancia e as persoas adultas temos a responsabilidade de ser modelo e fomentar o espazo que lle permita á nosa infancia cultivar esta aprendizaxe.

Obradoiro

Repetindo o formato do ano anterior, que tivo tan boa acollida, nesta ocasión volverase realizar un obradoiro, previo á conferencia, no que se favorecerá a experimentación en grupos reducidos e que precisa dunha inscrición previa na biblioteca ou a través do correo electrónico: [email protected]

Conferencia

Despois do obradoiro terá lugar a conferencia aberta a todo o público, que non require inscrición.  Cabe destacar que durante o tempo da charla contarase con persoal para acompañar ás crianzas e aproveitar para mostrarlles o fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal.

Dende o venres 16 de febreiro

A actividade arrancará o venres 16 de febreIro, coa conferencia “A importancia do sono na saúde dos/as nenos/as” a cargo de Isabel Portela, graduada en Enfermería experta en diagnóstico e tratamento de trastornos do sonos. Nela explorarase a relación entre o sono, o crecemento físico e o rendemento cognitivo dos nenos. O obxectivo é que os/as asistentes saian cun entendemento máis profundo da importancia do sono e obteñan as ferramentas prácticas para promover hábitos saudables nos pequenos.

A seguinte quenda será o venres 15 de marzo  e abordarase a “Visión e atención” da man de Blanca Olmedo García-Señoráns, Óptica e Optometrista. Nela falarase sobre como a visión inflúe directamente no nivel de atención e no rendemento escolar.

A última será o 19 de abril a cargo da fisioterapeuta especialista en desenvolvemento infantil, Yolanda García Pizarro baixo o título “O corpo e o movemento do neno como ferramenta para a súa aprendizaxe”. Nesta xornada tratarse a conexión entre o desenvolvemento motor e os problemas de aprendizaxe.

También te puede interesar