Comarcas

Redondela estrea o aparcadoiro de Vilavella

Con 110 prazas para coches, 8 para motos e 3 para bicis

Redondela estrea o aparcadoiro de Vilavella

Os condutores redondeláns e aqueles que visiten Redondela, xa poden usar do novo aparcadoiro de Vilavella. O mesmo conta cunha superficie de 3.896 m² con 110 prazas para coches. Delas, 6 están reservadas para persoas con mobilidade reducida. Tamén dispón de 3 prazas de moto e 8 para bicicletas.

Aparcadoiro Vilavella Redondela

Menos vehículos circulando polo núcleo urbano

Este aparcadoiro disuasorio mellora a habitabilidade da zona de Vilavella e, entenden dende o Concello, repercute ademais de xeito positivo no resto da vila. Reducindo “a cantidade de vehículos que transitan polo núcleo urbano, o que supón máis seguridade para o peón, menos ruído e menos contaminación”, apunta o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar.

Villar engade que se instalou un sistema de iluminación “eficiente e de baixa intensidade para a zona de aparcadoiro. O concelleiro non oculta que “conxugar as prazas de estacionamentos coas zonas verdes e o arborado supuxo un gran esforzo para poder acadar o mellor resultado posible”.

Eliminación de barreiras arquitectónicas

O estacionamento non só ofrece o maior número posible de prazas para aparcar no acceso a Redondela, senón que supón “a transformación integral do espazo urbano“. Ademáis, elimina barreiras arquitectónicas, pon en valor o Convento de Vilavella e mellorar a relación do espazo co río Maceiras”, explica o concelleiro de Urbanismo. Un dos obxectivos deste proxecto era que todos os espazos fosen accesibles para todas as persoas, “e ese obxectivo está cumprido”.

También te puede interesar