Abel Caballero asegura que con Besteiro como presidente da Xunta van executarse as 1.600 vivendas de
protección en Navia nun prazo de 3 anos.
O presidente do PSdeG-PSOE de Vigo lamentou que durante os gobernos de Feijóo e Rueda, a Xunta “non fixera practicamente nin unha soa vivenda en case 15 anos cando hai máis de 7.000 demandantes na cidade”.
Caballero contrapuxo que ante a falta de política de vivenda da Xunta de Galicia, é o Concello quen está a levar adiante medidas como a inclusión de 50.000 novas vivendas no Plan Xeral de Ordenación Municipal, das cales 15.000 delas terán algún tipo de protección, e novas vivendas municipais en Santa Cristina, Avenida de Madrid ou Esturáns.
“A Xunta anuncia que vai facer vivenda, licitan 38 vivendas para unha demanda de 7.000 persoas só na cidade de Vigo e a licitación queda deserta. E isto con cartos do Goberno de España do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia. A Xunta cando quere facer vivenda utiliza solo municipal e cartos do Goberno de España. Vaia política de vivenda!”, lamentou Caballero na súa intervención.