Galicia

Caballero reivindica a súa actividade en todas as parroquias

E critica o modelo de asociacionismo da Xunta

Caballero reivindica a súa actividade en todas as parroquias

O presidente do PSdeG-PSOE en Vigo, Abel Caballero, reivindicou nun acto coa Asociación de Veciños da Miñoca a actividade que desenvolve o tecido asociativo de Vigo no seu ámbito.

Caballero criticou o modelo de asociacionismo da Xunta de Galicia e do Partido Popular de xuntar “a todas as entidades nun edificio que teñen baleiro na rúa Lalín: “Como van ir reunirse ou organizar actividades, por exemplo, os veciños e veciñas de Oia, ata Praza América todos os días? O mundo ao revés, piden que as asociacións se adapten a eles”, lamentou na súa intervención.

Cooperación coas asociacións dende o Concello

Acompañado por membros da candidatura, que en esta campaña han cedido el protagonismo al alcalde, louvou o modelo municipal que traballa na cooperación coas asociacións in situ, co apoio económico para dotacións e pago dos gastos, así como a mellora de infraestruturas e a creación de novas”, como aparece no Plan Xeral de Ordenación Municipal: a ampliación do CRAC de Coruxo; escolas de música en Oia e Bembrive; pavillóns deportivos en Beade e Zamáns; novas instalacións deportivas en todas as parroquias; rehabilitación de edificios industriais para dotacións; centro de maiores en Navia; centro para persoas con Alzheimer en Teis, ou o Vigo Arena, enumerou Caballero.

Para o presidente do PSdeG-PSOE en Vigo, “o Partido Popular non cre no territorio nin nas parroquias” e afirma que desde o partido Partido dos Socialistas de Vigo “seguiremos a potenciar os lugares de encontro nas parroquias”.

También te puede interesar