Comarcas

A oposición de Redondela denuncia que o Concello adebeda 90.000€ aos traballadores municipais

A concelleira Ana Alonso alerta da “preocupante situación económica municipa”

A oposición de Redondela denuncia que o Concello adebeda 90.000€ aos traballadores municipais

O Grupo municipal do Partido Popular vén de denunciar que o Concello adebeda aos seus traballadores as horas extras realizadas de xuño a novembro, o que suma unha cantidade de 90.000€.

Isto é porque a partida para horas extras do ano 2023 ascende a 54.675€ e o Goberno local realizou un gasto anual en horas extras de mais de 177.000€: mais do triplo do recollido no orzamento de 2022, prorrogado a 2023.

“Improvisación e falla de xestión”

A popular Ana Alonso, ex concelleira de Facenda, denuncia que o Concello carece de “previsión e planificación á hora de organizar os traballos”. Ademáis lamenta a “falla de xestión” e a “improvisación, chegando sempre tarde a todo tendo que botar man de horas extras ao non facer as cousas con tempo”.

O problema, subliña a concelleira popular, é acumulativo xa que ao arrastrar a débeda do ano anterior, “esgotaron xa en xaneiro a partida para todo o ano 2024”. Isto supón que o Concello de Redondela non poderán pagar ningunha hora extra máis ata 2025. “Este é o goberno progresista que temos en Redondela, que non paga ós traballadores e acumula facturas sen pagar no caixón por máis dun millón de euros”.

Situación económica “preocupante”

Ana Alonso, que á fronte da Concellería de Facenda xa tivera que facer fronte a unha circunstancia económica extrema herdada do goberno socialista anterior, amosa a súa intranquilidade pola “preocupante situación económico-financeira na que se atopa o Concello de Redondela dende achegada de Digna Rivas á Alcaldía”.

A mesma, resume a concelleira do Partido Popular, presenta débedas a provedores, débedas a traballadores, perda de subvencións, orzamentos esgotados, as contas do 2022 sen presentar e incumprimentos legais: ese é o día a día deste goberno”.

También te puede interesar