Cultura

O burro máis bonito de Galicia, que está en Mos, terá herdeiro…ou herdeira

Chamarase Jamili

O burro máis bonito de Galicia, que está en Mos, terá herdeiro...ou herdeira

Dámaso, veciño do barrio do Casal na parroquia mosense de Tameiga, é o propietario dunha parella de burros do máis peculiar e interesantes. Milucho e Begoña.

Milucho é un burro fariñeiro, especie en peligro de extinción, e dos poucos reproductores existentes, de 12 anos de idade e que foi elixido hai uns meses, o maio pasado, como o burro máis bonito de Galicia no concuso convocado polo programa ‘Quen Anda Aí’ da TVG.

Begoña é a súa parella, unha burra vasca de 15 anos, preñada desde hai 13 meses e que xa saíu de contas. O parto está previsto para os vindeiros días e o pequeno asno chamarase Jamili, nome unisex, pois aínda non saben se o novo membro da familia será burra ou burro.

También te puede interesar