Comarcas

Aprobadas as primeiras axudas da historia da Deputación para a mocidade

Poden solicitarse dende o día 16 deste mes

A Deputación mobiliza, esta semana, 1,5 millóns para impulsar investimentos en 11 concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as primeiras axudas dirixidas á mocidade da provincia: o Plan +Xuventude. Trátase dunha liña de subvencións dotada con 100.000 euros e que achegará a cada asociación xuvenil un máximo de 5.000 euros para poñer en marcha iniciativas de interese social.

“Nunca antes se tiña apostado pola xuventude, nin se tiñan deseñado liñas específicas de apoio á mocidade de Pontevedra”, asegura o presidente provincial. Luis López, lembra que, nesta aposta, “créase, por vez primeira na historia da Deputación, un servizo de Xuventude e Reto Demográfico, a cargo do deputado Jorge Cubela”.

Asociacións xuvenís sen ánimo de lucro

En concreto, as axudas do Plan +Xuventude están dirixidas a asociacións xuvenís sen ánimo de lucro
prestadoras de servizos dirixidos á xuventude e grupos formados por entre 3 e 8 persoas de entre 18 e 35 anos, que propoñan a realización dun proxecto de interese xeral e social. As propostas deben favorecer e promover o desenvolvemento persoal e comunitario, contribuír ao empoderamento xuvenil, á formación en valores, á consecución de hábitos saudables, e enriquecer a vida social, económica, científica e cultural da provincia.

Proxectos e prazo

Máis polo miúdo, pódense presentar proxectos englobados en diferentes áreas: Iniciativa empresarial; vida saudable e loita conta a violencia e conductas de risco; fomento da cultura en todas as súas áreas, da innovación así como a promoción de sectores coma o científico, tecnolóxico e dixital, as ciencias xurídicas e as sociais; creación de Consellos Locais de Xuventude e o fomento do asociacionismo e voluntariado xuvenil; promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural, a loita contra a soidade non desexada, así como proxectos que teñan impacto no rural dende a perspectiva de reto demográfico, e protección do medio ambiente e loita contra o cambio climático. O prazo para solicitar estas subvencións abrirá o vindeiro 16 de febreiro e será dun mes.

También te puede interesar