Co obxecto de seguir impulsando a correcta separación e reciclaxe, FCC, que é a concesionaria municipal de limpeza, vén de instalar un punto limpo de proximidade que permitirá á cidadanía depositar residuos que ata agora soamente se podían levar ao punto limpo fixo ou aos doce puntos móbiles que se sitúan en distintas zonas da urbe en días e horas diferentes.
Podes deixar nel: aerosois, pilas,bombillas de baixo consumo, zapatos ou pequenos electrodomésticos
Situado na Praza da Independencia
Trátase dun moble urbano situado en Praza da Independencia, que dispón de diferentes compartimentos para a separación efectiva de residuos como tóner, aerosois, pilas, bombillas de baixo consumo, roupa, zapatos, pequenos electrodomésticos, aceite, CD’s, fluorescentes, radiografías, cápsulas de café ou cintas de vídeo.
O seguinte…na Avenida de Castelao
Os contedores interiores deste punto limpo son de plástico estándar, teñen unha capacidade de 80 litros e están equipados con rodas, tapa e asa. O Concello e a concesionaria de limpeza contemplan instalar un novo punto limpo de proximidade coma este en Avenida de Castelao.