Cultura

Fillas de Cassandra inicia no ‘Mar de Vigo’ a xira ‘Últimas Dionisíacas’

Este venres ás 22:00h.

Fillas de Cassandra inicia no 'Mar de Vigo' a xira 'Últimas Dionisíacas'

Imaxe: Sabela Andrés/ Fillas de Cassandra iniciara este venres, 16 de febreiro, a xira “Últimas Dionisíacas” na súa cidade natal, Vigo. Tras esgotar, en menos de 10 días, os 1.400 billetes dispoñibles para a cita no Auditorio Mar de Vigo, o dúo conformado por María SOA e Sara Faro estreará no hall do recinto o seu novo directo.

O concerto, que comezará ás 22.00 horas (a apertura de portas será ás 21.30 horas), contará coa colaboración de diversas bandas e solistas cuxa participación será toda unha sorpresa para o público asistente. 

“Últimas Dionisíacas”

É a nova proposta escénica e musical de Fillas de Cassandra, na que as artistas fan unha revisión dos temas máis coñecidos do seu primeiro LP, Acrópole, desde unha electrónica máis escura e potente. Tamén recuperan algúns dos sinxelos publicados nos últimos meses e dan a coñecer outros inéditos para o público.

Neste directo, a luz e a escenografía teñen un papel moi relevante; mais unha das principais novidades é que Fillas de Cassandra están acompañadas sobre o escenario dunha banda, que integran Tania Caamaño e Marina Vidal. Desde xeito, e con esta formación, o grupo relevación do panorama musical galego no 2023 aposta pola organicidade do piano, o bombo legüero, as pandeiretas, os pandeiros, violín ou as harmonías vocais en rigoroso directo, mais sen esquecer as bases electrónicas producidas por María SOA e Berto.

Máis música en directo no Auditorio Mar de Vigo

Lembramos que o concerto de Ara Malikian previsto para este sábado 17 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo foi cancelado debido a problemas de saúde do artista. O éxito rotundo co que Fillas de Cassandra esgotaron as súas entradas súmase a unha serie de impresionantes eventos no Auditorio Mar de Vigo para os vindeiros meses. As entradas para o concerto de Funzo & Baby Loud, previsto para o 16 de marzo dentro da súa xira de despedida, “Negative Cloud Pa Sempre Tour”, tamén se esgotaron en tempo récord.

Pero a emoción non se detén aquí, xa que se aveciñan máis experiencias musicais inesquecibles con Pablo López, para o que restan poucas entradas para o concerto do 14 de marzo. El BarrioCoque MallaXabier Díaz & Adufeiras de SalitreValeria CastroMalú ou The Jayhawks (as entradas sairán á venda proximamente), forman parte da destacada programación musical que fará vibrar ao público nos próximos meses.

También te puede interesar