A Agrupación de Electores de Redondela (AER), lamenta o “arboricidio” cometido pola Concellaría de Parques e Xardíns na Avenida de Mendiño e compara a actitude da alcaldesa, Digna Rivas, cara ao Medio Amniente, coa do alcalde de Madrid, Martínez-Alemeida.
Os representantes de AER aseguran que “a veciñanza de Redondela quedou abraiada este pasado xoves cando se achegou á Avenida de Mendiño, á altura do instituto Illa de San Simón e comprobou o atentando ecolóxico perpetrado contra as árbores desta estrada que comunica a o centro urbano da vila co peirao de Cesantes”.
“Poda salvaxe” e “innecesaria”
Así, denuncian, que unha empresa contratada polo Concello realizou unha poda “totalmente salvaxe,
absolutamente innecesaria e sen un mínimo criterio medioambiental”. AER- que forma parte do Goberno municipal- considera que a Concellaría de parques e xardíns, “que é que ten a responsabilidade
destas tarefas, ten que dar explicacións desta desfeita e esiximos que deteña todos os traballos de poda ata que non se revisen os protocolos que, á vista está, nestes momentos parecen inexistentes“.
Incorporar sensibilidade medioambiental ao goberno de Redondela
Así mesmo, a Agrupación de Electores esixe á Concellaría de Medio Ambiente que se implique neste
asunto e que colabore co seu compañeiro de goberno para consensuar unhas políticas coa máxima sensibilidade medioambiental posible.
“O cambio climático é un fenómeno tristemente imparable. Temos que facer todo o posible para mitigar os seus efectos. E o mellor “invento” para iso chámase árbore. Así o entenden en todas as principais capitais do mundo, así están a recuperar zonas verdes e a plantar árbores e, en cambio, en Redondela imos en dirección contraria”.
Digna Rivas amosa a mesma sensibilidade medioambiental que o alcalde de Madrid
Desde AER subliñan que “estes atentados contras as árbores son impropios dun goberno que se di progresista”. Ademáis, conclúe o seu voceiro, Cuni Orge, “Digna Rivas está a amosar a mesma sensibilidade medioambiental que o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, tristemente famoso por ter destruído centos de árbores na capital de España”.