Comarcas

O Pleno aproba inicialmente o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela

A súa tramitación fora impulsada en 2018 pola concelleira Carmen Amoedo

O Pleno aproba inicialmente o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela

O Concello de Redondela aprobou inicialmente esta noite pasada o Plan Xeral de Ordenación Municipal co voto a favor dos 10 concelleiros e concelleiras do Partido Popular; 7 do Partido Socialista e 1 da Agrupación de Electores de Redondela (AER), e 3 abstencións dos representantes do BNG.

O novo PXOM, que iniciara a súa tramitación da man da que fora tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María del Carmen Amoedo, permitirá, entre outras cuestións, resolver os problemas de falta de casas que existen actualmente no municipio, xa que contempla a posibilidade de construír unhas 5.500 vivendas máis.

Exposición e alegacións

Unha vez aprobado e publicado no Diario Oficial de Galicia, abrirase o período de alegacións, amplido a 3 meses, tempo co que a veciñanza poderá estudalo, saber como lle vai afectar, e facer as alegacións que estime oportunas.

O prazo de exposición pública e alegacións comezará ao día seguinte de ser publicado no DOG, que será aproximadamente a mediados do mes de marzo. Abrirase logo un ese prazo de tres meses para que a veciñanza poida informarse e presentar as alegacións que estimen oportunas.

A cidadanía terá á súa disposición aos técnicos nas dependencias municipais do antigo conservatorio para explicarlles todo o relativo ao planeamento urbanístico e asesoralos. Este servizo estará dispoñible todos os días de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Para facilitar o acceso da veciñanza a toda esta información tamén estará en servizo un visor dixital ao que se poderá acceder desde a páxina web do Concello, tanto desde as súas casas como acudindo á oficina de información do PXOM.

También te puede interesar