A Concellería de Cultura do Porriño, que dirixe Bienvenido Estevez, vese na obriga de aprazar novamente a programación de Entroido, prevista para esta fin de semana.
Ante as malas previsións meteorolóxicas, dende o Concello, tal e como se acordou coas comparsas participantes, adía o desfile e todos os actos incluídos na programación. A nova data anunciarase nos próximos días unha vez se coordine coas diferentes comparsas.