Comarcas

Denuncian a “actitude machista” da alcaldesa de Redondela coa concelleira Ana Alonso

Amparando as alusións pexorativas do voceiro do BNG

O PP de Redondela denuncia a "actitude machista" da alcaldesa coa concelleira Ana Alonso

“O PP de Redondela lamenta a actitude machista da alcaldesa, Digna Rivas, coa concelleira Ana Alonso”, durante o pleno extraordinario celebrado o mércores pasado. Así o salientan os responsabeis do grupo municipal popular que, ademáis, lamentan” o comportamento do representante do BNG, Xosé Carlos González que, apuntan os populares, “amosou, unha vez máis, a súa actitude machista, atacando a Ana Alonso, por suposto sen proba algunha, e coa complicidade de Digna Rivas quen negoulle a quenda de palabra á concelleira popular para poder defenderse das calumnias do voceiro do Bolque”.

Segundo lembran dende o PP, o asunto do día era, única e exclusivamente, a aprobación inicial do Plan Xeral d Ordenación Municipal (PXOM). Aproveitando a quenda de palabra, o portavoz do Bloque acusou a Ana Alonso, por suposto sen apotar proba algunha, como fai habitualmente, de “presionar ano tras ano no seu colexio electoral”, nunha actitude totalmente antidemocrática, sinalan os representantes do grupo popular.

Unha “agresión verbal” que se repite coa ‘protección’ da alcaldesa

Ante a gravidade destas acusacións, engaden os populares, Ana Alonso, solicitou unha quenda de palabra por alusións pero a alcaldesa Digna Rivas, incumprindo o artigo 29 do Regulamento municipal, non permitiu que puidese defenderse.

“Non é a primeira vez que o voceiro do BNG despreza e agrede verbalmente a unha concelleira”, apuntan dende o Partido Popular. Así, sinalan, xa no Pleno de xaneiro do ano 2021 presentouse unha moción por parte de AER polas expresións machistas contra unha concelleira desa agrupación.

“Para Digna e Xoán Carlos, a defensa da dignidade da muller depende do carné político que teñas, amosando así o tipo de feminismo de pancarta que practican, tanto a alcaldesa como o voceiro do BNG”, lamentan os populares.

Agradecemento a AER

“O PP de Redondela agradeceu o resto de membros de AER xunto con ex concelleiros alí presentes que arrouparon e apoiaron a Ana Alonso, lamentando a deplorable actuación do señor González, que mostrou unha vez máis a súa falla de altura política“.

Na mesma liña, Ana Alonso agradeceu persoalmente o apoio recibido nestes días, así como “tamén por parte de todas as persoas que se atopaban como público no Pleno que escoitaron as acusacións do representante do BNG, e afirmou que seguirá a defender os dereitos de todas as mulleres, pensen o que pensen, e voten o que voten, pero con feitos e políticas reais, esixindo respecto e educación ante todo”.

También te puede interesar