Comarcas

O Porriño conecta á rede de saneamento o núcleo de vivendas de ‘A Droza’, en Cans

Os supoñen unha inversión de 102.073€ financiados pola Deputación

O Porriño conecta á rede de saneamento o núcleo de vivendas de 'A Droza', en Cans

A rede municipal de saneamento do Porriño conecta novas vivendas na parroquia de Cans. Trátase concretamente do núcleo de A Droza, no que se están a executar as obras de mellora do saneamento de fecais que permitirán conectar 9 vivendas que ata o de agora non disponen de acceso a este servizo.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, e o concelleiro de Parroquias, Marcos Martínez, supervisaron os traballos que incluirán tamén a mellora da capa de rodadura na zona a intervir.

“Conectar cada vivenda do Porriño á rede pública de saneamento foi e seguirá sendo unha prioridade ata que toda a veciñanza dispoña deste servizo, reiterou o alcalde, “Temos os proxectos, sabemos cales son as necesidades, queremos suprimir ao máximo a burocracia para chegar co traballo feito á hora de acceder á financiación. O noso obxectivo é o 100% do saneamento canto antes”.

Perforación na estrada N-120

Para a conexión deste núcleo de vivendas á rede de fecais, estase a realizar un cruce con perforación horizontal dirixida na estrada N-120. Por outra banda, o firme atópase en mal estado, polo que se inclúe a reposición do firme na zona máis danada da intersección e a reposición da sinalización horizontal.  Cabe destacar que se instalou unha canalización de recollida de augas residuais de PVC liso de diámetro 315 mm cunha lonxitude de 70,5 m e a execución de oito pozos de rexistro. Foi precisa a reposición de tres acometidas de saneamento.

Estes traballos, financiados con cargo ao Plan Concellos 22-23 da Deputación de Pontevedra,  supoñen unha inversión de 102.073 euros que contempla tamén a mellora do asfaltado e saneamento en Covelo, na parroquia de Atios. 

Tamén en Mosende, Pontellas, Atios, Budiño e Chenlo

Esta é unha das actuacións de extensión da rede de saneamento e asfaltado levadas a cabo polo Concello do Porriño no marco do plan provincial do pasado exercicio, que supuxeron unha inversión de 262.000 euros. Concretamente interviuse nas parroquias de Mosende, Pontellas, Atios, Budiño, Chenlo e Cans.

También te puede interesar