As obras da 1ª fase de humanización da Avenida de Galicia, están case rematadas. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia investiu nas mesmas 2,5 millóns e completará os trabalos cun novo aparcadoiro que se poñerá en servizo en maio.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, xunto coa delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, comprobou hoxe o resultado dos traballos executados nun treito de 500 metros da estrada PO-323, entre o cruce coa avenida da Mariña Española e o IES de Teis.
Vázquez Mourelle subliñou o remate das obras adiantouse ao prezo fixado e que xa se pode poñer
a disposición dos veciños de Teis unha Avenida de Galicia “máis accesible, humana e segura”, a falta só de remates.
Primeira fase
As obras desta primeira fase consistiron en mellorar e ampliar ata os 2 metros as beirarrúas en ambas as marxes; adoptar medidas de calmado do tráfico; habilitar zonas verdes; renovar o firme, tanto da PO-323 como da Baixada aos Ríos; dotar a vía de nova iluminación e reforzar a sinalización.
Ademais, instalouse unha nova varanda e repúxose o muro de peche para acadar unha maior
integración coa contorna na zona do Camiño Portugués.
‘Glorieta’
Destaca,ademáis, a construción dunha glorieta na da Avenida de Galicia con Mariña Española pola que se accede á ETEA, “co obxectivo de garantir movementos máis seguros e fluídos”. Ademais, mellorouse, tamén, o acceso ao IES de TEIS e ao centro de saúde.
A conselleira remarcou o esforzo realizado durante as obras para atender as demandas dos veciños e, de acordo coas achegas trasladadas durante o proceso de información pública do proxecto, desprazouse a zona de aparcadoiro prevista inicialmente fronte ao Centro de Saúde ata a parcela contigua ao IES de Teis, onde se habilitaron 38 prazas. Ademais, decidiuse manter as prazas de estacionamento.
Aparcadoiro na subida Paraixal
“Atendendo, tamén, unha petición dos veciños”, a Xunta vai ampliar as intervencións previstas nesta 1ª fase de humanización coa habilitación dun novo aparcadoiro á altura da subida Paraixal que disporá de 17 novas prazas e que require expropiar dúas parcelas máis. A previsión é que o novo aparcadoiro estea en servizo no mes de maio, de forma que, en total, a 1ª fase da humanización da Avenida de Galicia poña á disposición dos veciños de Teis 55 prazas de aparcadoiro.
Segunda fase
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade informou de que a segunda fase da mellora da Avenida de Galicia “está xa a pleno rendemento”, nun treito de algo máis de 1,5 km, entre o IES de Teis e o límite do termo municipal de Vigo co de Redondela. Nesta 2ª o orzamento é de 4,1 millóns.
As obras, que comezaron no outono, están en torno ao 10% de execución e teñen tamén como obxectivo “mellorar a mobilidade interna en Vigo, con conexións coa trama urbana de beirarrúas xa existentes e con itinerarios alternativos, para priorizar o tránsito dos peóns”.
Ethel Vázquez explicou que nesa segunda fase está previsto, igual que na primeira, garantir as zonas de aparcamento, gañando 75 con respecto ás 198 actuais, o que supón incrementar un 38% as prazas de estacionamento, que se espera que poidan estar en servizo xa a finais de marzo.
Fondos Next Generation
As actuacións están financiadas con fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGeneration-UE.