Falar de paz e traballar pola paz. Non pode haber ningun tema máis importante, un empeño máis necesario e unha nova máis actual. Un ano máis, a ANPA do CEIP Valle Inclán de Vigo asume o reto de mellorar o mundo no que vivimos, achegándonos un chisquiño máis ao mundo que queremos.
O primeiro ano a comunidade educativa conqueriu mil grúas de papel como Sadako Sasaki; o segundo, 1.000 árbores como Wangari Maathai; o terceiro 1.000 quilos de doazóns para as protectoras como David Attenborough; o cuarto 1.000 esculturas como Judith Scott, e este quinto reto queremos conseguir 1.000 accións en prol do desarme e a paz, seguindo o legado de Anna Frank.
Polo tanto, e en memoria de aquelas persoas que, como Anna, perderon a súa vida nunha guerra, nais, pais, educadores e estudantes comprométense a “traballar para o desarme” sendo unha “comunidade pacifista”, custodia e “benfeitora da paz e do benestar das persoas en calquera parte do mundo”.
Axuda
Para contribuír a un mundo sen armas presentan un novo reto para o que precisamos a túa axuda.
➡Queren recoller xoguetes que sexan armas para reciclar. “Teremos como punto de recollida o noso centro educativo, a asociación de veciños do Calvario ou en Caracatús Escola de Familias e outros lugares que se queiran unir a nosa causa.
➡Faranunha carreira solidaria no cole o luns 4 de marzo, en favor de Save the Children, “para a que os nosos e as nosas pequenas corredoras precisarán patrocinadores”.
➡Farán un Encontro Solidario este somingo, 3 de marzo, ás 11:00 no Parque de Castrelos “onde xunt@s sumemos quilómetros pola paz e o desarme”, en colaboración con varias ONG’s.
➡Na semana do 26 ao 1 de marzo organizaron unhas xornadas de sensibilización no centro a cargo de Intermon Oxfam, ACEEM e Asociación aug.girasol.
➡”Faremos unha feira solidaria de 5 ao 7 de marzo para recadar fondos para estas ONG”.
⏳“Temos de prazo para conseguir as mil accións ata o 5 de marzo, Día Internacional de Concienzación sobre o Desarme e a Non Proliferación”.
Encontro solidario
Este domingo, todos e todas as integrantes do CEIP Valle Inclán pasarán unha xornada familiar “sumando quilómetros pola paz e o desarme”. Se queres participar tes que inscribirte a través do correo electrónico [email protected].
A inscrición ten un custo de 2€ (serán doados ás ONG: Oxfam e ACCEM) que entregaredes en efectivo ao recoller unha pegatina identificativa, que levaredes pegada na vosa camiseta. Tamén entregarán un carné que poderedes ir selando no percorrido para contabilizar os vosos quilómetros, e que se sumarán ao #obxectivo5demarzo.
Despois do percorrido, podemos quedarnos a comer todas e todos xuntos para xa pola tarde gozar dunha recompensa e das actuacións de “Mariete Clown” e “La Compañía Espectacular, cuando el teatro y la música bailan”. Ademáis, se queredes colaborar de calquera outro xeito, podedes contactar co colexio neste enderezo: [email protected].