O Porriño estrea Praza Abastos. Logo dun mes de obras, o ‘mercado’ abriu de novo este martes, unha vez rematada a primeira fase da mellora planificada para cambiar completamente esta parte central da vida da vila. Esta abrague a renovación do pavimento, instalación de fontanería e rede eléctrica, ademáis da reparación dos danos que presentaba a estructura.
Así, esta mañá, os porriñeses e porriñesas que acudiron a facer a compra, atopáronse co alcalde, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, a delegada da Xunta, Ana Ortiz, ademáis da xerente do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, que se achegaron para ver o resultado dos traballos.
Mercado Excelente de Galicia
“Con esta reforma daremos ese salto de calidade que necesitaba a nosa Praza de Abastos para transformarse de novo no centro neurálxico do comercio da vila”, explicou o alcalde. Alejandro Lorenzo adiantou que O Porriño “está máis cerca de conseguir o selo de Mercado Excelente de Galicia e de que a praza sexa de novo o foco de dinamización económica que foi antaño“.
Para iso, engadiu “contamos cunha ampla variedade de produtos de alta calidade á venta, unha representación de todos os sectores: florerías, froiterías, peixeiras, carnicerías… e un incontestable traballo dos nosos praceiros e praceiras. Só nos quedaba por tachar o único dos requisitos que estaba pendente dende hai décadas: a mellora das nosas instalacións”, subliñou Lorenzo.
Un proxecto ‘global’ para dinamizar a praza
O rexedor lembrou que o que feito é só a primeira fase dun proxecto global que “modernizará e dinamizará a praza”. Alejandro Lorenzo engadiu que este proxecto “non sería posible sen os nosos praceiros e praceiras, que dende o principio traballaron con nós man a man. Moitas grazas por isto e por facer pobo”.
Dinamizar o comercio
A conselleira destacou que o mercado é un “punto dinamizador do comercio e da economía da contorna” e felicitou ao alumnado traballador da especialidade de Cociña “Porremprego Cualifica II”, que prepararon in situ uns petiscos elaborados con produtos da Praza de Abastos que puido degustar toda veciñanza.