A Deputación de Pontevedra vén de destinar preto de 1,76 millóns de euros para que 11 concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 54 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. Benefícianse destes recursos A Estrada, Arbo, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Lalín, Meaño, Moaña, O Grove, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
“Avanzamos no reparto de fondos do Plan +Provincia, e este ano xa aprobamos preto de 11 millóns de euros para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”, asegurou o presidente provincial, Luis López.
Investimentos
No marco da liña 1, de investimentos, a Deputación achegará 908.000 euros a catro concellos: Arbo, Cerdedo-Cotobade, Covelo e Lalín. Desta maneira, Lalín recibirá 729.686 euros para a adquisición de terreos par a Gran Praza; Cerdedo-Cotobade 63.609 euros para as obras de recollida de augas pluviais e
pavimentado de pistas nos lugares de Cuiñas e Costiñas (38.174 €) e a instalación de cinco columnas de
iluminación de aceiro galvanizado na PO-233 e substitución 23 luminarias entre PQ 5+450 e PQ 6+730 nas parroquias de Borela e Almofrei (25.434 €), e Covelo 32.175€ para a reforma interior da Escola de
Redondo.
Ademais, Arbo contará con 83.212 euros para o proxecto de mobilidade peonil no treito antigo da EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcela na contorna da Igrexa de San Sebastián, que completarán os 332.851€ que xa recibiu ao abeiro dun convenio firmado entre Deputación e Concello. Desta maneira, o orzamento
total será de 416.064 € e estará financiado integramente pola institución provincial.
Gasto corrente
No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da
Deputación acaba de aprobar 287.975 euros para os concellos de Moaña, Silleda e Vilagarcía de Arousa.
En concreto, A Moaña diríxense 91.144 euros para o servizo de limpeza viaria e a Silleda 73.815 euros para servizos enerxéticos e de mantemento integral do alumeado público exterior. Ademais, Vilagarcía de
Arousa recibirá 123.015 euros para o Combate Naval (46.415 €), o VII Festival Internacional de Música Clásica (30.000 €), un programa para fomentar a igualdade de xénero (13.246 €) e catro proxectos: un de
estimulación cognitiva e psicomotriz (12.654 €), o Empatiza (8.869 €), “Non te deixes enganar” (6.125 €) e o de intervención socioeducativa dende o teatro do oprimido (5.614 €).
Emprego
Por último, ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba 571.177 euros
para a contratación de 54 persoas desempregadas nos concellos da Estrada, Catoira, Meaño e O Grove.
En concreto, A Estrada recibirá 194.973€ para contratar a 15 traballadores como peóns forestais (4), peóns de obras públicas (3), oficiais de 1ª albaneis (2), axudantes electricistas (2), conserxe (1), oficial de 1ª fontaneiro (1), auxiliar de biblioteca (1) e condutor de camión (1); O Grove disporá de 174.608€ para 18 persoas que ocuparán os postos de peóns de obras públicas (5), auxiliares administrativos (4), peóns de limpeza (3), peóns de xardinería (2), condutores (2), auxiliar de cultura ou animador sociocultural (1) e
axudante de museo (1); Meaño beneficiarase de 109.364€ para contratar a 12 traballadores como peóns de obras públicas (4), albaneis (3), operario condutor (1), traballador forestal (1), limpador (1), técnico deeducación infantil (1) e coidador da terceira idade (1), e Catoira recibirá 92.230 € do Plan +Provincia paraque 9 persoas ocupen os postos de peóns de obras públicas (6), peón de limpeza (1), condutor (1) e auxiliar ou axudante de museos (1).