Galicia

O Pleno aproba que Vigo sexa declarada ‘zona tensionada da vivenda’

Para frear o aumentos dos alugueiros e limitar os pisos turísticos

La oposición alerta de que el Gobierno local podría aprobar el PXOM en plenas navidades

O Bloque Nacionalista Galego vén de lograr o acordo do Pleno municipal para declarar Vigo coma zona tensionada da vivenda. Cos votos a favor do BNG, e a abstención dos grupos do PSOE e do PP, resultou aprobada a moción dos nacionalistas que inclúe medidas para frear o aumento dos alugueiros; limitar a proliferación dos pisos turísticos e compromisos concretos para que os Gobernos local, galego e español despreguen alternativas nesta materia.

Aumento dos alugueiros en preto dun 50%

Así o defendeu durante a sesión plenaria o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, quen acusou ás tres administracións de “inacción” ante un dos principais problemas sociais en Vigo, como é o acceso á vivenda. Nese sentido, urxiu a actuar xa fronte aos prezos dos alugueiros “desesperantes” que rexistran “máximos históricos” na cidade, cun aumento do 48,46% na última década, segundo o Observatorio da Vivenda de Galiza.

Con esta moción, o BNG esixiu que o Goberno galego exerza dunha vez as súas plenas competencias en vivenda na cidade e, pola súa banda, que o Concello de Vigo poña en marcha as amplas capacidades e recursos dos que dispón para dar resposta á “grave” situación que padecen miles de viguesas e vigueses. Uns compromisos que, a xuízo das nacionalistas, pasan por despregar un parque público de vivenda en réxime de alugueiro, mobilizando os máis de 22.000 inmóbeis baleiros que existen na cidade.

Freo aos ‘pisos turísticos’

Entre outras medidas aprobadas, Igrexas destacou a urxencia de poñer freo ao “fenómeno ultraespeculativo” dos pisos turísticos, que superan xa os 1.600 e multiplican por catro a oferta para alugueiro residencial, cunha ordenanza municipal que os regule e unha moratoria a novas licenzas durante cinco anos. “Nin un piso turístico máis en Vigo mentres non logremos facer accesíbel o alugueiro”, afirmou Igrexas.

Plan Municipal de Alugueiro

Tamén a nivel local, dende o Bloque consideran necesario un Plan Municipal Facilitador do Alugueiro, que axude a enfrontar as crecentes esixencias para acceder a unha vivenda, asumindo e respondendo o Concello polos avais e seguros e cunha liña de axudas para anticipar os pagos das fianzas, en particular para a mocidade e familias de baixos recursos.

800 vivendas en Navia para aluguer

No caso do Goberno galego, a fronte nacionalista conseguiu o acordo do Pleno municipal para que a metade das 1.600 vivendas previstas no Plan Parcial de Navia, como mínimo, se destinen para alugueiros sociais. Nese sentido, o portavoz do Bloque afeou a “política de brazos caídos” do Goberno galego do PP en Vigo malia ser a urbe galega con maior número de persoas inscritas (case 7.000) como demandantes de vivenda protexida.

Os pisos da SAREB para usos sociais

A moción nacionalista recollía tamén compromisos por parte do Goberno español, no relativo aos centos de inmóbeis dos que é propiedade a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (Sareb), participada maioritariamente polo Estado, para destinalos a usos sociais e para que cese nas prácticas de acoso inmobiliario como padecen desde hai anos a veciñanza de Privada Moderna no Calvario.

También te puede interesar