San Nomedio quere seguir libre de eólicos. Así, nas últimas semanas algunhas comunidades e tamén propietarios particulares da zona foron contactados telefonicamente ou tamén nunha visita aos barrios. Unha empresa de servizos topográficos pedíulles a actualización dos datos da propiedade de certos terreos, o que tería que ver co posible impulso do parque eólico nomeado “Coto dos Lobos” no monte San Nomedio.
As directivas das Comunidades de Montes de Vilacoba, San Pedro de Batalláns, Taboexa, Rubiós, San Xosé e Santiago de Ribarteme, en As Neves, reuníronse esta semana ao coñecer estes contactos, para avaliar a nova situación sobre un proxecto que saíu a luz no ano 2021 cando os concellos recibiron consulta sobre o documento ambiental de inicio.
Neste período de consultas as comunidades e o Concello das Neves presentaron alegacións en contra do proxecto que implicaría instalar 7 aeroxeradores de 220 metros de altura na contorna do monte San Nomedio tendo a poboación máis cercana a so 504 metros, cos seus enormes viais de acceso, liñas eléctricas de enterconexión, etc. A afección sería brutal sobre o medio natural, patrimonial, turístico, hídrico, paisaxístico e cultural.
Novamente estas comunidades mostran a súa firme oposición e farán o posible para que este proxecto non se leva adiante.