Comarcas

‘Arma Letal’ contra a velutina

O Concello de Covelo inviste 3.146€ nunha escopeta para acabar con esta plaga

'Arma Letal' contra a velutina

O Concello de Covelo conta cunha ‘Arma Letal’ contra a velutina. Así, investíu 3.146,54€ nunha escopeta -unha Asiatic Wasp Ball– para combater a Vespa velutina. Este mesmo luns, a empresa subministradora impartíu unha clase teórica e práctica -ainda que non a impartiu Mel Gibson-na que formou a catro voluntarios.

Pablo Castillo, alcalde de Covelo, agradece a colaboración destes veciños que xa viñan traballando de xeito voluntario na erradicación dos niños deste avespón asiático que tantos danos provoca nas árbores froiteiras locais, cultivos e nas colmeas.

Guerra á velutina

Co obxectivo de protexer o medio natural ante esta invasión o Concello xa leva anos entregando de balde trampas e líquido atraente á veciñanza. Nestes intres, reparte un total de 200 novas trampas de captura de raíñas, ás que hai que sumar as 1.200 dos últimos seis anos.

No punto de mira

Os profesionais que impartiron o curso recomendan estar atentos e informar sobre a localización dos niños na procura de conseguir erradicar as raíñas, sendo este o método máis efectivo para reducir o número desta especie invasora. Tamén consideran necesario empregar trampas e líquidos axeitados que non capturen outros insectos ou avespas autóctonas, moi necesarias e importantes para a biodiversidade local.

O set da Asiatic Wasp Ball inclúe diferentes ferramentas para a práctica e para o mantemento como un compresor eléctrico de carga de botellas, mil unidades de difusores, un prolongador de aire e unha mochila para portar este arma, entre outros utensilios.

Castillo subliña a importancia da colaboración veciñal, ofrecendo información certeira sobre a localización de niños.

También te puede interesar