Comarcas

Un de cada catro participantes no Programa de Emprego de Mos, xa está traballando

Cinco meses despois de iniciados os cursos de formación

Un de cada catro participantes no Programa de Emprego de Mos, está xa traballando

Un total de 25 don 100 participantes no 9º Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos están xa traballando a tan só 3 meses do seu inicio -a duración total é dun ano-. Esta porcentaxe aumentará nos vindeiros meses, segundo aseguraron hoxe a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Emprego, Julia Loureiro.

As responsábeis municipais lembraron que o obxectivo de inserción do programa é o 45%, pero amosáronse convencidas de, “ímolo superar, como en anos anteriores”.

Oito accións formativas

O Programa que comezara en novembro pasado, leva a cabo 8 accións formativas centradas no desenvolvemento de competencias persoáis e profesionáis para o traballo en equipo; dinámicas colaborativas; ferramentas tecnolóxicas para a busca de emprego e Igualdade. Así mesmo iniciaronse as accións, certificadas polo Servizo Público de Emprego (SEPE), do itinerario de comercio e hostelería, en previsión de cubrir as necesidades que estes sectores van a ter nos próximos meses.

Ademais 15 alumnos realizaron antes de Semana Santa o curso de Operacións de Caixa (COMT012PO) e van a realizar as prácticas relacionadas con este curso en distintos supermercados e centros comerciáis de Mos.

A inserción laboral e “prioritaria”

Nidia Arévalo, salientou que “aínda que non é unha competencia municipal, unha das miñas máximas prioridades e preocupacións na xestión como alcaldesa é a inserción laboral da veciñanza en situación de desemprego“. Neste sentido, reivindicou a colaboración coa Xunta e as empresas e apostou por una “busca proactiva” de emprego que, lembrou apuntando a porcentaxe de inserción destes cursos -superior ao 60%- facilita a integración no mercado laboral.

Ademáis, a alcaldesa reivinicou o feito de que o Programa sexa un “instrumento útil” para as empresas, o cal tradúcese na adecuación da formación ao perfís profesionais demandados.

También te puede interesar