Galicia

Catro mortos e 48 feridos en accidentes de tráfico en Galicia, a pasada fin de semana

Pontevedra foi a provincia que rexistrou máis sinistros

Catro mortos e 48 feridos en accidentes de tráfico en Galicia, a pasada fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 52 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15:00h. do venres, 12, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 14 de abril.

Neste tempo, a Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu 64 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 50. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 5 accidentes; o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 41 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en 3 accidentes.

En 38 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e catro persoas faleceron no punto.

También te puede interesar