O Concello de Nigrán celebra este sábado e domingo, 20 e 21 de abril, a segunda edición do seu trail ‘5 Miradoiros’ co tope de 300 inscritos, sendo un 35% mulleres, unha porcentaxe que duplica a media habitual.
Deporte e natureza
Esta proba que fusiona deporte, natureza e vistas espectaculares, está organizado a través do Clube Raza Palleira, e inclúe facilidades para a conciliación como o servizo de gardería no Colegio Estudio.
A competición arranca o sábado pola tarde cunha proba de ascensión e escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e continuará o domingo pola mañá desde Chandebrito con tres probas (trail longo, curto e andaina), pasando en todos os casos polas parroquias do interior do municipio (Camos, Chandebrito, Priegue e Parada) e coincidindo cos miradoiros de O Pericoto do Vilar, Sanomedio, Estripeiro, Outeiro das Señoras e Montecastelo. Todo rematará con un xantar popular para os participantes na parroquia de Chandebrito.
Andaina solidaria
Seguindo coa actividade física, o sábado, dende as 17:00h., o grupo de Cáritas da Louriña organiza a primeira edición da súa “Andaina solidaria”, co obxectivo de recaudar fondos para poder continuar desenvolvendo os prexentos que levan a cabo desde esta organización na bisbarra.
A iniciativa conta coa colaboración dos concellos do Porriño, Mos e Salceda de Caselas, así como da Asociación de Hostaleiros do Porriño, Pan do Porriño e Dj Pitty.