Comarcas

O ‘Plan +Provincia’ mobiliza esta semana 2,6 millóns para impulsar investimentos en 9 concellos

A maioría en obras de humanización

O 'Plan +Provincia' mobiliza esta semana 2,6 millóns para impulsar investimentos en 9 concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou destinar 2,6 millóns de euros para que nove concellos da provincia impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente ao abeiro da liña 1 e 2 do ‘Plan +Provincia’.

En concreto, benefícianse destes recursos Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Marín, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior. O presidente provincial, Luis López, subliña que o goberno provincial segue “tendendo pontes cos concellos e avanzando no reparto de fondos do Plan +Provincia: este ano xa aprobamos 22,4 millóns dun total de 48,2 cos que está dotado este programa destinado a concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Abastecemento, humanización ou pavimentación

No marco da liña 1, de investimentos, a Deputación aprobou 2,5 millóns de euros para Agolada,
Barro, Bueu, Gondomar, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior. Desta maneira, Bueu contará con
543.633€ para a ampliación das redes de abastecemento e saneamento na zona de Bon de Abaixo
(462.035 €) e para a pavimentación dun camiño en Beluso (81.598 €); Meaño recibirá 423.336€ para a fase 1 da execución da cuberta e acondicionamento da pista deportiva de Dena.

Agolada e Sanxenxo

Doutra banda, Agolada beneficiarase de 413.358€ do ‘Plan +Provincia’ para a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de asfalto; Sanxenxo contará con 336.017€ para a humanización do camiño do Castro-Dorrón.

Soutomaior, Pontecesures e Barro

Ademáis, Soutomaior recibirá 170.148€ para a mellora da accesibilidade e a urbanización da praza de Arcade de Riba; Pontecesures beneficiarase de 148.602€ para a reurbanización de camiño da Toxa; e Barro contará con 110.242€ para obras de pavimentación en Portela e Agudelo.

Gondomar

No caso de Gondomar, as obras que se executarán nese concello serán financiadas ao 100% pola
Deputación
. Desta maneira, o investimento nesta vila será de preto de 1,2 millóns de euros para o acondicionamento da Praza Manuel Alonso, a Alameda. Destes recursos, 925.994 € proveñen do PON2030 e 272.353 do Plan +Provincia. Ademais destes recursos, tamén se aprobaron outros 91.657€ para que Gondomar poida pavimentar e canalizar pluviais en Gándara, Peiteiros.

Gasto corrente

Polo que se refire á liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de
Goberno da Deputación acaba de aprobar 92.000€ para o concello de Marín, para que poida impulsar a
Festa Corsaria (á que a institución provincial destinará 67.341€) e o Samaín Briz (24.981€).

También te puede interesar