Destacados Vigo al minuto

A Xunta activa desde este mércores o servizo de bus entre Vigo e o aeroporto de Santiago

Para atender os viaxeiros afectados polo peche temporal de Peinador

A Xunta activa desde este mércores o servizo de bus entre Vigo e o aeroporto de Santiago

A Xunta activa este mércores, 8 de maio, os servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago para atender os viaxeiros afectados polo peche temporal do aeroporto de Peinador.

Seis servizos diarios

Entre a estación intermodal de Vigo e a terminal compostelá funcionarán seis servizos ao día, cunha duración aproximada dunha hora e media, e terán saída desde Vigo ás 04:30, 07:35 e 10:45 horas e de Lavacolla cara a Vigo ás 08:45, 12:40 e 18:45 horas.

O servizo con saída de Vigo ás 04:30 horas, permitirá aos usuarios coller os voos da primeira hora da mañá, prestarase nunha nova liña que se crea especificamente e que realizará unha parada intermedia en Pontevedra. Os outros cinco servizos adaptan o itinerario de servizos de autobús xa existentes de liñas da Coruña e Ferrol con Vigo, engadindo un desvío ao aeroporto de Santiago. A información relativa aos servizos estará dispoñible en www.bus.gal.

Solución de urxencia

Coa posta en marcha destes servizos, a Xunta ofrece unha “solución urxente” á necesidade de facilitar os traslados ao aeroporto de Santiago dos viaxeiros afectados polas obras na pista de aterraxe na terminal viguesa.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lamenta que, “malia que se prevé que o peche do aeroporto dure cando menos o mes de maio, o Executivo central non ofrecese unha alternativa para a conexión dos viaxeiros coa cidade de Vigo na xuntanza que mantivo a semana pasada o alcalde de Vigo, Abel Caballero, co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente.

Y además

También te puede interesar