A Deputación de Pontevedra abre este venres, 10 de maio, o prazo para que confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras poidan solicitar as subvencións para afrontar novos investimentos e gastos correntes.
As axudas, dotadas cun orzamento de 250.000€, divídense en dúas liñas: a de investimentos, con 75.000€, e a de gastos correntes, que contará con 175.000€, atendendo ás necesidades e demandas formuladas polo sector.
Combustible, electricidade ou semente
Deste xeito, con estes 175.000€ as confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras poderán facer fronte ás facturas de combustible e electricidade, á adquisición de semente de moluscos bivalvos e ao gasto de persoal.
Doutra banda, o importe restante desta liña de axudas da Deputación permitirá que estas entidades poidan impulsar novos investimentos como elementos de transporte, construcións, mobiliario,
formación técnico ou material de vixilancia.
O 80% do orzamento total
Cabe destacar que a porcentaxe máxima subvencionable será do 80% do orzamento total, ata un máximo
de do orzamento de gastos de 40.000€ e un importe da subvención mínimo de 600€ e máximo de 20.000 €.
Solicitudes
As solicitudes poden presentarse a través da Sede electrónica da Deputación ata o 7 de xuño, e nas bases da convocatoria pode consultarse a documentación que é preciso achegar en cada unha das liñas.