“Vigo Mundo Xogo”, estará dende o venres, día 17 de maio na Porta do Sol. Contará con 200 metros cadrados con tres propostas de xogo: Superthings, Piratix e Playmobil.
Arrincará ás 12:30 horas, ata as 13:30, hora na que remata a quenda de mañá. O sábado e o domingo a apertura será ás 11 horas. Pola tarde, os tres días estará de 16:30 a 20:30 horas.
Como indicou hoxe o alcalde, “os nenos e nenas poderán acceder á zona de xogo onde haberá mesas temáticas e contedores de materiais dos tres xogos”, as últimas coleccións de Superthings, a nova colección de Piratix e xoguetes de diferentes temáticas de Playmobil. Ademais haberá “regalos para todos os asistentes”.
Horarios
- Venres, 17.- Mañá: de 12:30 a 13:30h. Tarde: de 16:30 a 20:30h.
- Sábado, 19 e domingo 19.- Mañá de 11:00 a 13:30h.. Tarde: de 16:30 a 202:30h.
Lingua Guapa
As escolas municipais de artes escénicas de Vigo presentarán o xoves 16 de maio o espectáculo “Lingua guapa”, unha obra próxima ao musical con textos en galego, múltiples estilos musicais, escenografía, vestiario, iluminación, coreografía, actores, cantantes, coro e grupo instrumental.
A representación comezará ás 20,30 h no Auditorio Municipal con acceso gratuíto, previa invitación que se pode recoller a Escola Municipal de Teatro desde hoxe luns ata o mércores 15 de maio, en horario de 17,00 a 20,30h.
Na billeteira tamén se poden recoller entradas quince minutos antes do pase, sempre que haxa localidades dispoñibles.